Escuchar
sábado, 19 Setembro, 2020

Un home foi trasladado nun helicóptero medicalizado esta tarde despois de caer da bicicleta que manexaba no lugar de Merexo, en Muxía.

Ocorreu preto das 14:30 horas, nun tramo do Camiño de Santiago.

O 112 Galicia tivo coñecemento dos feitos a través dunha persoa particular e, decontado, púxose a situación en coñecemento de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que mobilizou ata unha zona próxima un equipo médico a bordo da aeronave.

Ademais, desde o CIAE 112 Galicia solicitouse a intervención da Garda Civil e dos membros da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da localidade, que prestaron apoio aos efectivos sanitarios do helicóptero medicalizado.