Escuchar
venres, 15 Febreiro, 2019

Un home tivo que ser trasladado polo helicóptero medicalizado dos servizos sanitarios de urxencia tras caer nunha fogueira no concello ourensán de A Rúa de Valdeorras.

O 112 Galicia tivo constancia dos feitos ao fío das 16:05 horas da tarde de hoxe. Segundo a información recibida polos xestores do CIAE 112, o home sufrira queimaduras graves.

O traslado do ferido foi realizado grazas á intervención da aeronave medicalizada con base en Ourense. Para coordinar a evacuación, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias, solicitouse a colaboración da Policía Local e dos voluntarios de Protección Civil da localidade. Ademais, tamén se informou do suceso ao GES de Valdeorras.