Escuchar
martes, 11 Agosto, 2020

Un home precisou asistencia sanitaria esta tarde ao presentar síntomas de intoxicación por inhalación de fume despois de declararse un incendio na cociña dun piso na Coruña.

Segundo se lle indicou ao 112 Galicia, o varón estaba preparando a comida e o lume, que deixou unha pota calcinada, propagouse por un descoido. Foi atendido nun primeiro momento na vivenda e, posteriormente, trasladado nunha ambulancia ao Hospital Modelo.

Os feitos sucederon na Rúa de Sargento Veiga, preto das 14:25 horas. Foi unha persoa particular quen contactou co 112 Galicia para alertar de que vía saír fume por unha fiestra da vivenda.

Decontado, os xestores do CIAE 112 Galicia solicitaron a intervención dos Bombeiros da Coruña, da Policía Local, de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da cidade.

Segundo puido saber o 112 Galicia, os servizos de emerxencia remataron as labores de extinción do lume ao fío das 15:25 horas.