Escuchar
domingo, 31 Marzo, 2019

Unha colisión entre dous turismos deixou esta mañá tres persoas feridas na Coruña.

Ao redor das 10:30 horas, axentes da Garda Civil do Porto da Coruña alertaban ao 112 Galicia dun accidente entre dous coches que circulaban pola Avenida do Exército, fronte a Casa do Mar. Indicaban, ademais, a posibilidade de varias persoas feridas e atrapadas no interior dos turismos.

Decontado, os xestores do 112 pasaron aviso ao 061-Urxencias Sanitarias e aos Bombeiros da cidade. De igual xeito, informouse da situación á Policía Local e aos efectivos de Protección Civil.

Finalmente, os Bombeiros confirmaron que dous dos tres feridos foron excarcerados e trasladados os tres polos servizos sanitarios de urxencia.