Alertas activas:

Escuchar
xoves, 24 Xaneiro, 2019

Unha colisión entre dous turismos que tivo lugar a pasada noite no Porriño saldouse con tres persoas feridas. Segundo os datos facilitados ao 112 Galicia, nun dos coches implicados resultaron feridas dúas mulleres e no outro vehículo accidentado un home.

O sinistro ocorreu na PO-331, concretamente no punto quilométrico 0,800, ao fío das 21:15 horas.

Nese momento, unha das persoas implicadas no accidente contactou co 112 Galicia para alertar do ocorrido. Nada máis ter constancia dos feitos, os xestores do CIAE 112 Galicia puxeron a situación en coñecemento do 061-Urxencias Sanitarias, da Garda Civil de Tráfico, de Protección Civil, da Policía Local, dos Bombeiros do Baixo Miño e do servizo de mantemento da estrada.

Unha vez que as persoas feridas foron atendidas e trasladadas a un centro médico, os servizos de emerxencias realizaron as labores de limpeza na vía co fin de restablecer as condicións de seguridade na estrada.