Escuchar

Chega o Nadal. Dende o 112 Galicia desexámosche que goces destas Festas. Por desgraza, moitos dos incendios urbanos que se producen nesta época débense a deficiencias ou á mala calidade dalgúns dos elementos decorativos. Cando merques a túa grilanda de luces ou calquera outro elemento que precise de electricidade, comproba que cumpran coas mellores garantías. O mesmo acontece coa árbore de Nadal, así que cando a merques asegúrate de que é resistente ao lume.

Ademais, toma moi boa nota de todas estas recomendacións para vivir unhas Festas inesquecibles:

  • Revisa as túas luces, por se teñen os cables enredados ou gastados
     
  • Presta moita atención aos enchufes rotos ou partidos
     
  • Para evitar sobrecargas procura que haxa como moito tres xogos por cada extensión e enchufe
     
  • Coloca os agasallos o máis lonxe posible das conexións eléctricas
     
  • Non acendas velas na árbore
     
  • Apaga as luces e afeites nas árbores antes de deitarte ou mesmo ao saír da casa
     
  • Se a túa árbore é natural, lévao en canto seque a un punto limpo. Non o deixes na casa nin o queimes na cheminea, xa que ten resina