Escuchar
xoves, 13 Agosto, 2020

Os servizos de emerxencias rescatan a unha persoa que quedou atrapada dentro dun turismo despois de sufrir un accidente na AC-550, en Porto do Son.

Segundo a información facilitada ao 112 Galicia, tratouse da saída de vía dun coche no lugar da Lagoela, a onde se dirixiu o operativo activado tras recibir o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia a chamada de alerta dunha testemuña do accidente.

Así, ante a dificultade de sacar á persoa do interior do vehículo, foron avisados os Bombeiros de Ribeira e Boiro, que, finalmente, liberaron á ferida e facilitaron a súa atención por parte do equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 desprazado no helicóptero medicalizado con base en Santiago.

Este operativo, que se puxo en marcha ás 12:30 horas, contou, ademais, coa colaboraron os voluntarios de Protección Civil da localidade e os axentes da Policía Local e Garda Civil de Tráfico.

Ferido un ciclista en Padrón
Por outra banda, o 112 Galicia rexistrou unha hora antes outro accidente, no que se viron implicados un coche e unha bicicleta.

A piques estivo de aterrar o helicóptero medicalizado con base en Santiago para axilizar o traslado do ciclista, pero descartouse esta opción ao mostrarse o ciclista consciente e estable. Deste maneira, foi evacuado nunha ambulancia de Urxencias Sanitarias de Galicia-061.

Co equipo médico colaborou unha dotación do GES de Padrón e os axentes da Garda Civil de Tráfico e recolleron toda a información sobre o accidente, que se produciu na N-550, en Iria Flavia.