Escuchar
mércores, 16 Setembro, 2020

Un camión cargado con detonadores envorcou na LU-561, ao paso pola localidade de Quiroga, sen que se producisen danos na carga.

Os axentes da Garda Civil de Tráfico examinan o remolque e a mercancía e descartan risco algún para a contorna.

Eles mesmos confirman a través do 112 Galicia que, malia ao impacto, a carga permanece intacta e rexeitan máis recursos de emerxencias ao ter controlada a situación. Ademais, os ocupantes do vehículo atópanse en bo estado de saúde e valoran o modo para o transvasamento dos detonadores en condicións de seguridade.

Cómpre sinalar que o 112 Galicia tivo coñecemento do suceso ás doce desta mañá mediante o aviso da Garda Civil de Tráfico. Aínda que descartaron máis axuda, o persoal do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia mantivo informados aos servizos de emerxencias da zona.

Accidente cun patinete implicado en Vigo
Media hora antes, o 112 Galicia recibiu a chamada dunha persoa particular, que pedía asistencia médica para o usuario dun patinete alcanzado por un camión na Avenida de Madrid, en Vigo. Alí acudiron os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os axentes da Policía Local.

Quen chamou ao teléfono de emerxencias indicou que o ocupante do patinete quedou tirado no chan tras recibir o impacto.