Escuchar
martes, 3 Decembro, 2019

Dúas persoas resultaron feridas esta mañá en Miño despois de que colidisen catro turismos na N-651 ao seu paso polo concello de Miño. Segundo a información facilitada polos bombeiros ao 112 Galicia, unha muller tivo que ser excarcerada ao quedar atrapada no interior dun dos coches implicados no accidente.

O sinistro tivo lugar ás 08:15 horas, cando varias persoas particulares contactaban co 112 Galicia para informar dun accidente na estrada que une os concellos coruñeses de Miño e Ferrol, á altura do punto quilométrico 10, con varios vehículos implicados.

Decontado, os xestores de emerxencias do 112 Galicia requiriron a intervención dos profesionais sanitarios, dos Bombeiros de Betanzos e dos axentes da Garda Civil de Tráfico e Policía Local. Así mesmo, solicitouse a colaboración dos voluntarios de Protección Civil da localidade e do persoal do servizo de mantemento da estrada.

Xa no lugar, e finalizadas as labores de excarceración, os equipos de emerxencia confirmaron o traslado de dúas persoas ata o centro hospitalario de referencia.