Escuchar
sábado, 18 Agosto, 2018

O condutor dun turismo faleceu en Oroso despois de chocar frontalmente o seu vehículo contra un camión-frigorífico, ao seu paso pola localidade de Oroso. 


O accidente ocorreu sobre as 08:00 horas desta mañá. A esa hora, un particular alertaba ao 112 Galicia dun choque frontal na N-550, á altura do restaurante Calviño. O mesmo alertante, advertía de posibles persoas atrapadas no interior dos vehículos. Por iso, de inmediato, alertouse ao 061-Urxencias Sanitarias que ademais dunha UVI móbil, desprazou ata o lugar do sinistro, un helicóptero medicalizado. Así mesmo, alertouse aos Bombeiros de Santiago, aos axentes de Tráfico e tamén se solicitou a colaboración dos efectivos de Protección Civil de Oroso, que  acudiron ao punto nada mais ser alertados polo 112 Galicia.


Finalmente, os Bombeiros comunicaron ao 112 Galicia que procedían á excarceración do condutor e único ocupante falecido do turismo. O condutor do camión resultou ileso.