Escuchar
venres, 12 Xullo, 2019

Un home faleceu esta tarde no concello lucense de O Corgo ao envorcar o tractor que conducía.

No momento de producirse o accidente o home circulaba pola LUP-1608, á altura do lugar de Farnadeiros. Tras saírse da vía, o vehículo caeu e quedou envorcado nunha finca.

Ata o lugar desprazáronse decontado os servizos sanitarios de urxencia pero, nada mais chegar, só puideron confirmar o falecemento da persoa.  

O 112 Galicia tivo constancia do tráxico suceso sobre as 16:50 horas, a través da chamada dunha persoa particular. A partir de aí, os xestores do 112 pasaron aviso inmediato ao 061-Urxencias Sanitarias e aos Bombeiros de Sarria. Do mesmo xeito, informaron dos feitos aos axentes da Garda Civil de Tráfico.

Os Bombeiros confirmaron a excarceración da vítima ao quedar atrapada baixo o vehículo agrícola.