Escuchar
martes, 25 Febreiro, 2020

Un home resultou ferido esta tarde na Cañiza ao saírse da vía o turismo no que viaxaba e caer por un barranco duns quince metros.

Os feitos sucederon no lugar de Sendín, ao fío das 17:45 horas.

Debido á gravidade do accidente, Urxencias Sanitarias de Galicia-061 mobilizou un helicóptero medicalizado ata unha zona próxima ao sinistro.

Foron os efectivos sanitarios os que alertaron do ocorrido ao 112 Galicia. Decontado, desde o CIAE 112 Galicia se puxo a situación en coñecemento da Garda Civil de Tráfico e dos Bombeiros e GES de Ponteareas.