Escuchar
luns, 29 Xuño, 2020

Os servizos de emerxencia acudiron esta tarde a liberar a un home ao que lle quedou unha perna atrapada no motocultor que manexaba en Mos.

Os feitos sucederon nunha leira na Rúa do Abrente, na parroquia de Torroso, ao fío das 18:00 horas.

Nese momento, unha persoa particular contactaba co 112 Galicia para dar conta do ocorrido.

Nada máis ter coñecemento do sucedido, os xestores do CIAE 112 Galicia pasaron o aviso a Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e aos Bombeiros do Porriño, que axiña se desprazaron ao lugar do accidente. Ademais, desde o CIAE 112 Galicia púxose a situación en coñecemento dos axentes da Garda Civil e da Policía Local, do Servizo Municipal de Protección Civil e dos Voluntarios de Protección Civil da localidade.