Escuchar
martes, 21 Xaneiro, 2020

Os servizos sanitarios de urxencia trasladaron hoxe a un home que sufriu diversas lesións ao caer do tractor que manexaba en Aranga.

Segundo a información facilitada ao 112 Galicia, o ferido presentaba varios golpes no corpo provocados pola caída, por iso, foi evacuado en ambulancia ao centro hospitalario de referencia.

Ademais, ante a posibilidade de que o ferido estivese atrapado polo vehículo, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia, pediuse a colaboración dos Bombeiros de Betanzos, que, finalmente, descartaron intervir ao comprobar que o condutor estaba liberado e accesible. 

Así e todo, necesitou asistencia médica para o que contou no lugar cun equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061. 

Cómpre indicar que o accidente rexistrouse no 112 ás 11:30 horas de hoxe nunha zona de monte situada no lugar de Pardiñas de Arriba.