Escuchar
luns, 17 Febreiro, 2020

Un incendio declarado a pasada noite nunha casa en Culleredo provocou danos no interior da vivenda, sen que se rexistrasen danos persoais. Segundo os datos facilitados ao 112 Galicia, ardeu parte da planta baixa e do andar superior, así como varias estancias da casa.

Sucedeu no lugar de Barrio, na parroquia de Sueiro, ao fío das 00:45 horas. Nese momento, unha persoa particular contactou co 112 Galicia para dar conta dos feitos.

Acto seguido, desde o CIAE 112 Galicia púxose a situación en coñecemento de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos Bombeiros de Arteixo e de Betanzos, da Policía Local e da Garda Civil.

Segundo puido saber o 112 Galicia, o incendio quedou totalmente extinguido ao redor das 3:00 horas.