Escuchar
sábado, 14 Setembro, 2019

Varias persoas particulares contactaron esta mañá co 112 Galicia para dar a voz de alarma por un incendio declarado na terraza dun edificio situado na Travesía de Vigo.

As chamadas ao Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia producíronse ao redor das 10:15 horas. Nada máis recibir os avisos, o persoal do CIAE 112 Galicia requiriu a intervención dos Bombeiros de Vigo, da Policía Local e de Urxencias Sanitarias de Galicia-061.

Xa finalizada a súa intervención, os Bombeiros de Vigo informaron ao 112 Galicia de que arderan varios mobles de plástico na estancia edificio, que está composto por nove andares, sen que se rexistrasen danos persoais.