Escuchar
luns, 25 Xaneiro, 2021

Esta mañá, o 112 Galicia recibiu varias chamadas de conductores, que circulaban pola a autovía A-52, debido a que un camión estaba comezando a arder a altura do túnel da Cañiza.

Por mor dos problemas de visibilidade producidos polo fume no interior do túnel, o persoal de mantemento de estradas confirmou ao 112 Galicia que a totalidade de carrís da A-52 permanecen pechados, en ambos os dous sentidos.

Nestes momentos, os medios de extinción están a traballar no punto, onde tamén se sitúan as patrullas da Garda Civil para desviar aos vehículos e evitar riscos.

Do mesmo xeito, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia deron aviso aos Bombeiros de Ponteareas, ao Ges de Ribadavia, aos axentes da Garda Civil de Tráfico e ao servizo de mantemento da Autovía.