Escuchar
luns, 23 Xullo, 2018

Os servizos sanitarios de urxencia atenderon esta mañá a un neno que resultou ferido ao ser atropelado en Cangas. Segundo se lle indicou ao 112 Galicia, os feitos ocorreron na Avenida José María Castroviejo, á altura do número 5, na parroquia de Coiro.

O 112 Galicia tivo constancia do atropelo a través da alerta dunha persoa particular ás 10:30 horas.

Decontado, os xestores do 112 Galicia puxeron a situación en coñecemento do 061-Urxencias Sanitarias, da Policía Local, dos Bombeiros do Morrazo e de Protección Civil.