Alertas activas:

Escuchar
luns, 14 Decembro, 2020

O accidente ocorreu cando o operario tallaba árbores nunha parcela situada moi preto da igrexa de San Cosme de Piñeiro, no concello lucense da Pastoriza.

Foi un particular quen, sobre as 13:00 horas deste mediodía chamou ao 112 Galicia para pedir axuda.

De inmediato, os xestores do 112 pasaron aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e á Garda Civil. Malia que, non foron necesarios os equipos de excarceración, tamén foron informados os Bombeiros de Vilalba.

Encaixado entre dous colectores
Por outra banda, case media hora despois que o anterior, o 112 Galicia era informado doutro accidente laboral. Neste caso tratouse dun home que quedou encaixado entre dous colectores de obra cando realizaba o seu traballo na rúa de Gregorio Hernández, á altura do número 2.

Ao fío das 13:30 horas deste mediodía, o persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 informaba ao 112 Galicia do suceso. Indicaban que o operario quedara encaixado entre dous colectores de obra pero que non eran necesarios os medios de excarceración, posto que xa fora liberado.

Nada máis recibir o aviso, os servizos sanitarios aseguraban que non eran necesarios os medios de excarceración, posto que o home xa fora liberado,  desde o 112 Galicia informouse á Policía Nacional e aos efectivos de Protección Civil da cidade, que acudiron de inmediato ata o lugar.