Escuchar
martes, 29 Outubro, 2019

Un operario que facía traballos nunha vivenda en obras situada en Brués, en Boborás, resultou ferido tras caerlle enriba unha viga da casa que arranxaba.

O Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia tivo constancia do accidente, ás 17:00 horas desta tarde, grazas á chamada dun particular que solicitaba asistencia sanitaria urxente para un home que sufrira un accidente na obra dunha casa.

Foi nese intre, cando os xestores do 112 Galicia pasaron o aviso decontado ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061. Tamén puxeron os feitos en coñecemento da Garda Civil , do GES de Avión e de Protección Civil da localidade.

Ata o lugar tamén se desprazou o helicóptero medicalizado con base en Ourense aínda que, finalmente, o ferido puido ser evacuado en ambulancia polos servizos sanitarios de urxencia.