Escuchar
xoves, 29 Outubro, 2020

Os servizos sanitarios de urxencia trasladaron esta mañá a un operario con importantes lesións nunha perna e na cabeza como consecuencia dunha caída de altura.

Segundo a información recollida no 112 Galicia, a vítima precipitouse desde un tellado nunha nave situada na Travesía da Feira, en Padrón, cando pasaban uns minutos das once desta mañá.

Así, acudiron os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 para ofrecer os primeiros coidados ao traballador, que presentaba lesións graves nunha perna e na cabeza. Unha vez estabilizado, o equipo médico trasladouno ao Hospital Clínico de Santiago para continuar co tratamento necesario.

Ademais, os sanitarios contaron coa colaboración dos membros do GES de Padrón e tamén dos axentes da Garda Civil.