Escuchar
xoves, 5 Decembro, 2019

Unha peón perdeu a vida esta tarde despois de sufrir un accidente cando traballaba nunha empresa situada no Polígono Industrial As Gándaras, no concello pontevedrés do Porriño.

O suceso produciuse ás 16:45 horas, momento no que o persoal da mesma empresa chamaba ao 112 Galicia para solicitar axuda urxente por un traballador atrapado.

Axiña, o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia poñía os feitos en coñecemento dos profesionais sanitarios e dos Bombeiros do Baixo Miño que, finalmente, tras liberar ao traballador atrapa, confirmaron o falecemento da persoa, polo que nada se puido facer por salvarlle a vida.

Ademais, dos servizos de emerxencias o 112 Galicia informaba do suceso aos axentes da Garda Civil e Policía Local, ademais dos voluntarios de Protección Civil.