Escoitar
xoves, 4 Marzo, 2021

Un vehículo con dúas persoas a bordo saíuse da vía e invadiu unha rotonda no Pousadoiro, en Vilagarcía.

Como consecuencia do impacto, os ocupantes resultaron feridos e tiveron que ser evacuados a un centro hospitalario.

Segundo a información recibida no 112 Galicia, os feitos ocorreron ao fío das dez da noite de onte cando o vehículo sinistrado circulaba pola PO-305 en dirección a Caldas de Reis. De súpeto, o coche saíuse da vía e invadiu unha rotonda. Por diante levou un farol e os dous ocupantes do turismo sufriron diferentes lesións, das que foron atendidos polos servizos sanitarios de urxencia.

Así, tiveron que intervir os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, así como os membros do servizo local de emerxencias e os axentes da Policía Local.