Escuchar
martes, 21 Maio, 2019

Tres mulleres que viaxaban nun turismo resultaron feridas esta tarde en Barro ao chocar contra unha furgoneta na PO-351, á altura da parroquia de Curro.

Os feitos ocorreron ao fío das 17:20 horas, momento en que unha persoa particular contactaba co 112 Galicia para dar conta do accidente.

Decontado, os xestores do CIAE 112 Galicia puxeron a situación en coñecemento do 061-Urxencias Sanitarias, da Garda Civil de Tráfico, dos Bombeiros de Pontevedra e Ribadumia e do servizo de mantemento da estrada.

Unha vez no lugar do sinistro, os efectivos sanitarios puideron atender ás mulleres feridas sen que os servizos de emerxencia empregasen o material de excarceración, xa que as vítimas atopábanse accesibles.