Escuchar
sábado, 15 Setembro, 2018

Tres persoas resultaron feridas a causa dunha colisión frontal entre dous vehículos na LU-152, en Vilaronte, Foz.

O 112 Galicia rexistrou o accidente ás 20:15 horas de onte tras a chamada dun particular que pediu asistencia médica para os feridos. Así, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia solicitouse a intervención do 061-Urxencias Sanitarias e tamén dos Bombeiros de Barreiros e os membros do GES de Cervo debido á confirmación por parte da Garda Civil de Tráfico dunha persoa atrapada no interior dun dos vehículos implicados.

Tras ser rescatado polos bombeiros, o ferido xunto con outras dúas persoas foron trasladadas ao centro hospitalario de referencia para tratarse das feridas provocadas polo impacto.

Corte de tráfico na N-640 ao paso pola Estrada
Por outra banda, ás 21:00 horas de onte, o 112 Galicia tivo coñecemento dun accidente no que se viron implicados un turismo e un camión sen que se rexistrasen danos persoais. Sen embargo, o impacto provocou que o camión perdera boa parte do combustible do seu depósito. O derrame, que abranguía uns 200 metros da calzada, dificultaba a circulación, polo que a Garda Civil procedeu a cortar o tráfico en ambos os dous sentidos entre os quilómetros 203 e 205. 

Para a limpeza da vía, desde o 112 Galicia pediuse a colaboración dos membros do GES da Estrada e avisouse ao persoal do Ministerio de Fomento. Arredor da unha da madruga restableceuse a circulación na zona.