Escuchar
sábado, 7 Marzo, 2020

Unha persoa resultou ferida de consideración despois de colidir tres turismos que circulaban pola N-550, en Leira, ao seu paso polo concello de Ordes.

Ata o lugar desprazáronse de inmediato os Servizos Sanitarios de Urxencias de Galicia-061, tras ser alertados polo 112 Galicia. Así mesmo, nada máis ter constancia do accidente, os xestores do 112 deron conta do suceso aos axentes de Tráfico,  Policía Local, Bombeiros de Ordes e aos efectivos de Protección Civil.

Foi unha persoa particular quen, ao fío das 11:00 horas desta mañá, chamou ao 112 para informar do accidente.