Escuchar
sábado, 30 Marzo, 2019

Un total de tres persoas resultaron feridas despois de colidir outros tantos vehículos ao seu paso por Pontevedra.

O accidente ocorreu sobre as 23:30 horas da pasada noite cando os vehículos circulaban pola PO- 532, na estrada que une Ponte Caldelas e Pontevedra, no lugar da Reigosa.  

O 112 Galicia, tras recibir a alerta dun particular, avisou decontado ao 061-Urxencias Sanitarias e á Garda Civil de Tráfico, que xa tiñan constancia do suceso. De igual xeito, solicitou a colaboración dos efectivos de Protección Civil e do persoal do servizo de mantemento da estrada.