Escuchar
martes, 18 Febreiro, 2020

Dúas persoas resultaron feridas esta mañá nunha colisión na que se viron implicados tres turismos en Vilagarcía de Arousa. Segundo se lle indicou ao 112 Galicia, as dúas persoas foron trasladadas ao Hospital do Salnés.

O accidente tivo lugar no punto quilométrico 237 da N-640, ao fío das 10:00 horas.

Foi unha persoa particular quen contactou co 112 Galicia para dar conta do accidente. Nada máis ter coñecemento, desde o CIAE 112 Galicia pasouse o aviso á Garda Civil de Tráfico, á Policía Local, a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, ao Servizo Municipal de Protección Civil e aos Bombeiros do Salnés.