Escuchar
venres, 17 Agosto, 2018

Dúas persoas resultaron feridas esta tarde en Ames nunha colisión por alcance na que se viron implicados cinco coches. Segundo os datos facilitados ao 112 Galicia, unha das vítimas tivo que ser trasladada a un centro hospitalario.

O accidente ocorreu na N-550, á altura do número 36 da rúa Rosalía de Castro, ao fío das 16:00 horas. Nese momento, unha persoa particular contactaba co 112 Galicia para dar conta do sinistro.

Acto seguido, o persoal do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia pasaba o aviso ao 061-Urxencias Sanitarias, á Garda Civil de Tráfico, aos Bombeiros de Santiago, ao GES de Brión e a Protección Civil de Ames.