Escuchar
martes, 18 Xuño, 2019

Unha fuga provocada pola rotura dunha tubaria, foi a causa pola que os operarios de distintas fábricas situadas no Polígono de O Ceao foron confinados nos seus postos de traballo. Afortunadamente, ningún dos traballadores se viu afectado e non foi preciso tomar medidas extraordinarias para a poboación. Nada mais arranxada a avaría, os operarios continuaron cos seus traballo.

Pasados uns minutos para as 18:30 horas da tarde os Bombeiros de Lugo informaban ao 112 Galicia dunha fuga en dito Polígono, no concello de Lugo.

De inmediato, dende o 112 Galicia alertouse aos servizos sanitario de urxencia, aos axentes da Garda Civil e da  Policía Nacional e Autonómica que axiña se desprazaron ao punto, do mesmo xeito, informouse da situación aos efectivos de Protección Civil da localidade. Ademais, puxéronse os feitos en coñecemento do persoal do servizo de Medio Ambiente da Xunta de Galicia, por si fose precisa a súa intervención nalgún momento.

Controlada a fuga, agárdase para realizar o transvase do produto restante de xeito seguro.