Escuchar
domingo, 21 Xullo, 2019

Unha muller tivo que se evacuada e todo un edificio desaloxado a causa dun incendio que arrasou por completo un piso en Fene.

Ás 17:30 horas de hoxe un lume no interior dunha vivenda da Estrada da Palma alertaba aos veciños, que deberon abandonar o inmoble ata remataron as tarefas de extinción.

O 112 Galicia recibiu a alerta e decontado púxose en marcha un operativo no que participaron Bombeiros de Ferrol e os axentes da Policía Local, que confirmaron o desaloxo do edificio de tres plantas no que se declarou o lume.

Pola súa banda, os profesionais do 061-Urxencias Sanitarias ocupáronse do traslado da muller en estado de nerviosismo, mentres que os bombeiros, xunto cos membros do GES de Mugardos, fixeron fronte ás lapas, que remataron por danar a totalidade do piso.

Arestora, o incendio está controlado, mais os servizos de emerxencias continúan no lugar dos feitos ata a completa extinción do lume.