Escuchar
mércores, 27 Xuño, 2018

Unha muller foi evacuada con síntomas de intoxicación por inhalación de fume a causa dun incendio rexistrado no interior da súa vivenda, en Cangas.

O Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia tivo coñecemento do suceso pasadas as cinco da madrugada a través da chamada dos ocupantes da vivenda que espertaron por mor do fume. Así, desde o 112 Galicia, pasouse aviso aos Bombeiros do Morrazo, aos membros do Servizo Municipal de Protección Civil de Cangas e aos profesionais do 061-Urxencias Sanitarios, que se encargaron da atención dunha muller con síntomas de intoxicación por inhalación de fume, polo que foi trasladada ao Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo.

Pola súa banda, os efectivos do Servizo de Prevención, Extinción de Incendios e Salvamento do Morrazo traballaron ata as sete da mañá na extinción do incendio, que calcinou por completo a cociña e un salón lindeiro. Igualmente, o intenso fume afectou a toda a vivenda e mesmo se propagou polos pisos superiores. Cómpre salientar que o inmoble conta de catro andares que estaba ocupados no momento de producirse o incendio.