Escuchar
martes, 4 Decembro, 2018

Unha muller resultou ferida esta tarde en Culleredo ao ser atropelada nun paso de peóns. Segundo os datos facilitados ao 112 Galicia, a persoa atropelada tivo que ser trasladada polos efectivos sanitarios ao Complexo Hospitalario Universitario A Coruña.

Os feitos ocorreron no lugar da Corveira, uns minutos antes das 18:30 horas.

Varios particulares contactaron co 112 Galicia para alertar do atropelo á muller e indicaron que sucedera na Avenida de Vilaboa.

A partir de aí, os xestores do CIAE-112 puxeron a situación en coñecemento do 061-Urxencias Sanitarias, da Policía Local, de Protección Civil e dos Bombeiros de Arteixo.