Escuchar
xoves, 10 Outubro, 2019

Un despiste rematou cunha muller trasladada ao inhalar o fume producido por unha frixideira esquecida ao lume.

O incidente ocorreu ás 15:30 horas de hoxe, á altura do número 11 da Rúa de Llorente, en Vigo. Segundo a información facilitada ao 112 Galicia, a intensa fumareda desprendida polo recipiente de cociña afectou aos dous ocupantes que se atopaban na vivenda no momento do incidente.

Nada máis ter constancia dos feitos, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia alertaron aos Bombeiros de Vigo, á Policía Local e aos membros de Protección Civil da localidade.

Unha vez no lugar dos feitos, os profesionais sanitarios puideron atender ás dúas persoas afectadas e trasladar á muller ao Hospital Álvaro Cunqueiro. Os membros do Servizo de Prevención Extinción de Incendios e Salvamento procederon a ventilar o inmoble.