Escuchar
mércores, 3 Outubro, 2018

Unha nena resultou ferida esta tarde en Vigo ao ser atropelada por un autobús escolar. Segundo os datos facilitados ao 112 Galicia, a menor tivo que ser trasladada ao Hospital Álvaro Cunqueiro.

O accidente sucedeu no Camiño do Caseiro, ao fío das 15:15 horas. Nese momento, unha persoa particular contactaba co 112 Galicia para alertar do atropelo e indicaba que a nena se atopaba accesible.

Con estes datos, o persoal do 112 Galicia puxo a situación en coñecemento do 061-Urxencias Sanitarias, da Policía Local e dos Bombeiros de Vigo.

Unha vez no lugar dos feitos, os efectivos sanitarios atenderon e evacuaron á menor ao centro hospitalario.

Segundo se lle indicou ao 112 Galicia, no momento do atropelo o autobús circulaba sen pasaxeiros.