Escuchar
sábado, 23 Marzo, 2019

Unha persoa faleceu tras ser alcanzada por un vehículo na PO-551, á altura do punto quilométrico 27, no concello pontevedrés de Moaña.

Os xestores do 112 Galicia tiveron constancia dos feitos a través da chamada dun particular ao redor das 17:30 horas da tarde de hoxe. De inmediato, puxeron a situación en coñecemento dos efectivos do 061-Urxencias Sanitarias, dos Bombeiros do Morrazo, da Garda Civil, da Policía Local e dos voluntarios de Protección Civil da localidade.

Debido á gravidade das lesións, os equipos de emerxencia tan só puideron confirmar o falecemento da vítima.