Escoitar
sábado, 27 Febreiro, 2021

Unha persoa sufriu feridas de diversa consideración esta tarde despois de caer dunha escada mentres tallaba árbores no lugar de Tabeirós.

O 112 Galicia tivo coñecemento do suceso ao fío das 17:55 horas, a través dunha persoa particular.

Acto seguido, desde o CIAE 112 Galicia pasouse o aviso a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que mobilizou un helicóptero medicalizado ata o lugar do suceso. Ademais, o persoal de Emerxencias 112 solicitou a intervención do GES da Estrada, da Garda Civil e da Policía Local para prestar apoio ao equipo médico desprazado a bordo da aeronave.