Escuchar
sábado, 23 Maio, 2020

Un home resultou ferido despois de envorcar a turismo no que viaxaba cando circulaba polo lugar de Vinxeira Grande na parroquia culleredense de Santa María de Celas.

O accidente tivo lugar ao fío das 20:00 horas da pasada tarde. Foi a esa hora cando os profesionais sanitarios, debido á gravidade das lesións, comunicaban ao 112 Galicia a mobilización dunha ambulancia cun equipo médico a bordo para a atención da persoa ferida.

De inmediato, o 112 Galicia pasou aviso aos axentes da Garda Civil de Tráfico e Policía Local e aos Bombeiros de Arteixo quen, xa no lugar e tras comprobar que a persoa estaba inaccesible, procederon coas tarefas de excarceración.

Do mesmo xeito, informouse ao servizo de emerxencias da localidade quen confirmou ao 112 Galicia, a evacuación do varón, nada ser máis liberada polos Bombeiros, ata o Complexo Hospitalario Universitario da Coruña.

Coche envorcado na Pobra do Caramiñal
Por outra banda, esta mañá, outro accidente na localidade da Pobra do Caramiñal obrigou a intervir aos Bombeiros. Neste caso, tratouse dun coche que envorcou cando circulaba pola estrada que leva ao mirado da Curota, na Pobra do Caramiñal.

Faltaban 15 minutos para as nove horas cando os axentes da Policía Local comunicaban ao 112 Galicia o accidente dun vehículo envorcado e cun dos ocupantes atrapado no seu interior.

Así, con estes datos, os xestores puxeron os feitos en coñecemento do persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e dos Bombeiros de Ribeira que decontado se desprazaron ao punto. Así mesmo, acudiron os axentes da Garda Civil de Tráfico, da Policía Local e os membros de Protección Civil.

Unha vez liberado polos efectivos do Servizo de Prevención, Extinción de Incendios e Salvamento, todos os feridos foron trasladados polos servizos sanitarios ao centro hospitalario de referencia.