Escoitar
mércores, 7 Abril, 2021

Os servizos médicos tiveron que trasladar a unha persoa que caeu dun cabalo, na localidade lucense de Sarria.

Foron varios os particulares os que chamaron, na tarde de onte, ao 112 Galicia para solicitar axuda para un xinete que caera dun cabalo. Os feitos aconteceron arredor das 19:00 horas no lugar de Goimil.

Desde ao Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia alertouse aos axentes da Garda Civil e da Policía Local, aos membros de Protección Civil do concello e aos profesionais do 061. 

Finalmente, e pese a que nun primeiro momento os servizos médicos consideraron a mobilización dun helicóptero medicalizado ata o lugar, o xinete foi trasladado en ambulancia.

Ferido ao manexar un arado
O 112 Galicia tivo tamén aviso, ás 21:00 horas de onte, dunha persoa ferida nunha perna tras sufrir un accidente mentres manexaba un arado na localidade de Mos.

Foros os propios profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia -061 os que informaron dos feitos ao CIAE 112. Nese momento, os operadores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia alertaron aos axentes da Garda Civil, aos Bombeiros de Porriño e aos membros do Servizo Municipal de Emerxencias de Mos.

Ao fin, o 061 confirmou que a persoa foi trasladada.