Escuchar
venres, 29 Marzo, 2019

Os bombeiros interviñeron esta tarde para liberar a unha persoa atrapada nun turismo a causa dun choque na Avenida Rodríguez de Viguri, en Santiago.

O 112 Galicia tivo coñecemento deste sinistro pouco antes das seis desta tarde, cando se recibiron varias chamadas de alerta de viandantes que presenciaron como dous turismos colidían preto da intersección entre Rodríguez de Viguri e Os Conqueiros.

Debido ao impacto, un dos conductores implicados quedou atrapado no interior do seu coche, polo que foi necesaria a intervención dos bombeiros para a súa excarceración. Así, cando foi liberada, a persoa puido ser evacuada nunha ambulancia do 061-Urxencias Sanitarias ao centro hospitalario de referencia.

Ademais dos servizos de emerxencias, acudiu ao lugar da emerxencia unha patrulla da Policía Local.