Escuchar
sábado, 15 Setembro, 2018

Os servizos sanitarios de urxencia atenderon esta mañá a unha persoa que quedou inconsciente despois de ser alcanzada por un turismo en Vimianzo.

Segundo a información facilitada ao 112 Galicia, o accidente produciuse ás once desta mañá no cruce de Baíñas. Como consecuencia do impacto, a persoa quedou tendida na vía sen consciencia e cun forte golpe na cabeza. Así, foi evacuado ao centro hospitalario de referencia por un equipo do 061-Urxencias Sanitarias.

Pola súa banda, o persoal do 112 pediu a colaboración dos axentes da Garda Civil de Tráfico.

Non foi o único atropelo rexistrado esta mañá. Tamén en Carballo, ás 11:30 horas, outra persoa foi atropelada por un vehículo na Rúa Gustavo Freire. Ata alí desprazáronse os servizos sanitarios de urxencia para atender ao ferido.