Escuchar
sábado, 14 Decembro, 2019

Unha persoa necesitou a axuda dos servizos de emerxencia despois de sufrir unha saída de vía mentres circulaba co seu turismo pola N-550, en Pontevedra.

O 112 Galicia tivo constancia dos feitos ás 06:45 horas. Segundo a información facilitada aos xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE), os servizos sanitarios necesitaban apoio para trasladar ao paciente debido a que o vehículo rematou nun terraplén.

Tras ser avisados polo 112 Galicia, os Bombeiros de Pontevedra acudiron ao lugar do accidente e colaboraron cos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 na evacuación da persoa ferida. Ademais, tamén foron informados os axentes da Garda Civil de Tráfico e Policía Local e persoal de mantemento das estradas.