Escuchar
domingo, 16 Febreiro, 2020

Unha persoa tivo que ser evacuada ao hospital tras producirse unha explosición de gas na súa vivenda.

Ocorreu ás 13:30 horas de hoxe na Rúa María Pita de Narón, tal e como indicou o veciño que chamou ao 112 Galicia para pedir axuda.

Decontado, o persoal do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitou a intervención dos Bombeiros de Narón e mantivo alertados aos de Ferrol por se fose necesaria a súa colaboración. Finalmente, bastaron os efectivos do parque naronés para facer fronte á situación mediante o corte inmediato do subministro, a ventilación e a calificación dos danos. De feito, na cociña desprazáronse os mobles e produciuse a rotura do mármore.

Segundo explicaron os bombeiros, posiblemente, a explosión produciuse por unha fuga localizada na conexión entre a caldeira e a cociña de butano. Sen embargo, o corte do subministro desde as acometidas puxo fin ao escape e reverteu a situación.

Por fortuna, ninguna persoa e ningún inmoble máis se viu afectado.