Escuchar
domingo, 8 Decembro, 2019

Unha persoa resultou ferida en Vigo despois de virse abaixo parte do teito do restaurante onde se atopaba, situado na Rúa Vía Norte

O 112 Galicia tivo constancia do suceso cando faltaban dez minutos para as 23:00 horas da pasada noite. Foi un particular quen, a esa hora, solicitaba asistencia para unha persoa que se atopaba mal, posto que parte do teito do establecemento no que se atopaba se viñera abaixo.

De inmediato, desde o 112 Galicia púxose en alerta ao persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que desprazaron unha UVI móbil ao enderezo citado. Do mesmo xeito, os xestores do 112 informaron dos feitos aos axentes da Policía Nacional e Local.