Alertas activas:

Escuchar
mércores, 2 Decembro, 2020

O tripulante dunha embarcación sofre unha contusión no costado despois de caer á auga na Praia de Touro, en Ribeira.

O home saíu da auga, pero necesitou asistencia médica debido a un golpe recibido nun lateral do corpo e que motivou o seu traslado ao Hospital do Barbanza.

Deste suceso avisou unha persoa particular que, ás 11:34 horas de hoxe, contactou co 112 Galicia para alertar da caída do tripulante dunha embarcación. Así, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia, informouse a Salvamento Marítimo, que descartou enviar recursos en canto o particular confirmou que o ferido estaba xa fóra da auga e tampouco se precisaban medios para remolcar a embarcación. 

Igualmente, solicitouse a intervención dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que mesmo valoraron enviar un helicóptero medicalizado ata que comprobaron que o estado do ferido permitía a súa evacuación en ambulancia.

Do mesmo xeito, acudiron ao lugar os efectivos do grupo municipal de emerxencias e os axentes da Policía Local.