Escuchar
venres, 14 Agosto, 2020

Unha persoa foi trasladada a un centro médico esta tarde en Vigo ao presentar síntomas de intoxicación por inhalación de fume ao declararse un incendio na cociña dun piso, situado na Rúa Areal.  Segundo puido saber o 112 Galicia, o lume deixou danos case na totalidade da estancia.

A chamada dun veciño ao fío das 15:30 horas ao 112 Galicia permitiu activar un operativo no que interviñeron os Bombeiros de Vigo, os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e a Policía Local. Ademais, desde o CIAE 112 Galicia informouse dos feitos á Policía Nacional e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da cidade.