Escuchar
domingo, 16 Xuño, 2019

Unha persoa resulta ferida de gravidade despois de saírse da vía co seu vehículo cando circulaba á altura do punto quilométrico 31 da AG-11, dirección Padrón, no concello coruñés da Pobra do Caramiñal.

O Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia tivo constancia do accidente pasados dez minutos das 08:00 desta mañá. O alertante indicaba que a persoa estaba fora do turismo pero suxeito polo cinto de seguridade.

De inmediato, desde o CIAE pasouse aviso ao 061-Urxencias Sanitarias que axiña confirmaron a saída do helicóptero medicalizado con base en Santiago cara o lugar. A aeronave tomou terra na mesma estrada, polo que, foi necesario desviar, aínda que non  interromper, a circulación  mentres os profesionais traballaban na evacuación do ferido. Así mesmo, os xestores de emerxencias informaron dos feitos, aos axentes da Garda Civil de Tráfico, da Policía Local, aos Bombeiros de Ribeira e aos efectivos de Protección Civil. Tamén foi requirida  a intervención do persoal do servizo de mantemento da vía.

Nestes intres, o persoal sanitario trata de estabilizar ao ferido para proceder ao seu traslado.