Escuchar

No outono, a escuridade irá gañando terreo ata impoñerse ás horas de claridade. Sen embargo, é unha das épocas do ano na que a natureza experimenta cambios excepcionais como é o cambio de cor das follas das árbores antes da súa caída.

Por iso, para que poidas seguir gozando deste espectáculo vital e da práctica de deportes ao aire libre, ben sexa sendeirismo, ben sexa correr ou simplemente camiñar, utiliza elementos reflectores para facerte visible para vehículos e outras persoas.

Ademais,

  • Viste roupa e calzado axeitados para o tipo de actividade que vas desenvolver
  • Conecta o GPS por se necesitas enviar as coordenadas da túa posición
  • Descarga no móbil APPS que favorezan a túa localización
  • Infórmate da previsión meteorolóxica
  • Respecta a contorna