
O uso de máscaras por parte da poboación en xeral pode servir como un medio de control da fonte de infección ao reducir a propagación do coronavirus.
Debemos levar máscara tanto ao aire libre como nos espazos pechados, sempre que se poida concorrer con outras persoas, aínda que se poida garantir a distancia de seguridade.
Hai unha serie de riscos potenciais de auto-contaminación que fan necesario ter en conta as seguintes accións:
• Antes de poñer unha máscara, lava ben as mans
• Cubre a boca e o nariz
• Mentres a utilices, evita tocala
• Para retirala, quítaa sen tocar a parte frontal e lava as mans novamente