Mapa de incidencias






A Axencia Estatal de Meteoroloxía informa dun episodio adverso costeiro de nivel laranxa, que traerá ondas de 5 a 7 metros e vento intenso ao litoral das provincias da Coruña, Lugo e Pontevedra. Segundo a previsión, os efectos deste fenómeno deixaranse sentir, progresivamente a partir das primeiras horas da mañá do día 21/01.
Ademais, os refachos de vento poderán alcanzar os 100 km/h en case todo o territorio galego.
Por iso, recomendamos seguir estas indicacións.

A Xunta de Galicia vén de activar o Plan Platerga en toda a Comunidade galega para conter o novo coronavirus. Isto implica a mobilización de todos os recursos humanos e materiais necesarios para facer fronte a esta situación de risco colectivo.
Cómpre sinalar que a única forma de diminuír os efectos do novo coronavirus na nosa sociedade é a través da participación de toda a cidadanía. Así, é necesario seguir coa máxima rigorosidade as seguintes indicacións:
- Lavar as mans frecuentemente con auga e xabón ou utilizar unha solución hidroalcohólica.
- Evitar tocar os ollos, o nariz e a boca se non se teñen as mans limpas.
- Practicar unha boa hixiene respiratoria. É dicir, ao tusir ou esbirrar, tapar a boca e o nariz cun pano de papel, que inmediatamente hai que desbotar nunha papeleira, ou facelo contra a flexura do cóbado.
- De presentar algunha sintomatoloxía (febre, tose ou dificultade respiratoria), evitar o contacto con outras persoas.
- Evitar viaxes e desprazamentos que non sexan estritamente necesarios.
Para máis información, prema aquí.